Novas do centro

O Pequemercado das Mercedes

Este ano, co obxectivo de recadar diñeiro para subvencionar as excursións de fin de curso dun xeito lúdico e educativo, realizaremos un mercadiño no cal se poderán adquirir artigos variados. O importe íntegro do recadado usarase para as excursións que realizará todo o alumnado en fin de curso.

O mercadiño abrirá para o alumnado os venres no patio do recreo.
Para as familias os martes en horario de 16 a 18 horas na entrada do centro.
Para o público en xeral os días 1, 15 e 19 de decembro en horario de 12 a 13:30 (pendente de autorización por parte do Concello).

Grazas por participar.

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2023-2024

 

O vindeiro venres 8 de setembro teredes unha pequena reunión coas titoras para entregar o material e na que se vos dará información sobre o inicio do curso

O centro do centro

VISITA VIRTUAL Equipos de Dinamización da Lingua Galega PORTAL DIRECCIÓN  
   
         
         

 

 

<a href="https://www.vecteezy.com/free-vector/ornament">Ornament Vectors by Vecteezy</a>

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL 4 xullo  PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.
PRAZO DE RECLAMACIÓN 5 e 6 de xullo
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA 7 de xullo PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.
RECOLLIDA DE VALES
10 e 11 de xullo e 4 e 5 de setembro (HORARIO 9:00-13:00)
RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º DE PRIMARIA 10 e 11 de xullo e 4 e 5 de setembro (HORARIO 9:00-13:00)
RECOLLIDA DE LIBROS DE 4º DE PRIMARIA 4 e 5 de setembro (HORARIO 9:00-13:00)

 

Por mor da lei de protección de datos as listaxes serán expostas no taboleiro interior do centro.

 

 

ACCESO Á PÁXINA DA CONSELLERÍA DE FONDO LIBROS

 

ENQUISA CONVIVENCIA

Prazo de participación: do 2 ao 22 de maio de 2023

Antes de comezar, lea as instrucións para participar na enquisa de convivencia desde o seu centro educativo. A continuación, tamén pode consultar a guía para responder

De ser necesario, revise detidamente as preguntas frecuentes.

Para aquel alumnado que o precise, é posible descargar e imprimir un cuestionario pictográficoNOTA: As respostas deben ser trasladadas do papel ao cuestionario dixital para o alumnado que require asistencia, empregando a ligazón que figura máis abaixo e a clave de acceso do/a alumno/a.

 

ACLARACIÓNS:

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

 

O enderezo electrónico dos diferentes cuestionarios de convivencia é a seguinte:

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria" en https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria" en https://edu.xunta.gal/conveso

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico" en https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos" en https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

 

No enlace http://educonvives.gal pode atopar información adicional sobre esta iniciativa.

Powered by Drupal - Design by artinet