EDUCACIÓN FÍSICA 3º EP

 


Desprazamentos, saltos

Xogo as posicións : andando pola habitación un dirá unha posición : sentados, tumbados , de xeonllos, en puntillas, pata coxa, etc. Irán dicindo as posicións os distintos integrantes do xogo.

No mesmo lugar saltaremos (sen movernos do sitio )cos pes xuntos imitando saltar a Comba, primeiro a pouca altura, descansaremos e logo aumentaremos a altura .

Xogo Un dous tres escondite inglés.

Desprazamentos e xiros

Reptaremos dun lado a outro da alfombra con axuda de brazos e pernas, logo sen axuda de pernas, sentados coas pernas estiradas arrastrando coa axuda das mans e brazos estendidos.

Tumbados sobre a alfombra xiraremos sobre nos a modo de roliños dun lado a outro da alfombra

 

Lanzamentos.

Recepcións.

Saltos.

Posición de pé a espalda recta rotamos os brazos cara adiante e cara atrás..

De pé sen movernos do sitio coas pernas abertas, subimos e baixamos o corpo flexionando os xeonllos cos brazos estendidos cara adiante, logo cos brazos pegados o corpo.

No sitio, cos pes xuntos saltamos imitando o salto da Comba levantando pouco os pes e axudándonos cos brazos imaxinando a corda, Podémos facer o anterior desprazándonos pola habitación.

Cunha pelota un enfronte de outro pásamos rodando a pelota a dúas màns, coa man dereita, coa man e esquerda.; imos aumentando a distancia entre nos.

Pódese facer o anterior exercicio sentados coas pernas abertas en V e ampliando distancias

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet