LUNA DE BRIGANTIA - Programa de preparación e educación para a pubertade (5º e 6º EP)

 

 LUNA DE BRIGANTIA

Programa de preparación e educación para a pubertade

Trátase dun programa educacional, impartido por unha matrona, que busca o coñecemento dos procesos e cambios físicos e emocionais durante a puberdade proporcionando información clara e obxectiva desde un punto de vista salutoxénico. Ademáis de implicar aos nenos e nenas, proporcionarase información á comunidade docente, que estará presente no taller orientado ao alumnado e haberá outros dous talleres, un dirixido ás nais xunto a súas fillas e outro dirixido só aos proxenitores. Ambos centrándose en proporcionar ferramentas para axudar ás adolescentes a aumentar a súa conciencia menstrual, pero desde un enfoque diferente, o primeiro desde a creación dun ambiente de intercambio entre as dúas xeracións femininas e o segundo proporcionando información sobre a menstruación.

1.- XUSTIFICACIÓN

A puberdade comeza entre os 8 e os 12 anos; nesta fase os e as preadolescentes chegan a ser máis conscientes do seu corpo. Pese a esto, algúns nenos e nenas non reciben información suficiente sobre os cambios que se orixinarán nos seus corpos e especialmente sobre a menstruación. Esto conleva a que existan medos e mitos relacionados coa sexualidade e a menstruación, algúns dañinos para a autoestima e a saúde. Ao mesmo tempo, esta idade é vulnerable ao acoso e ao abuso sexual e a non recibir información nin interiorizar que os seus corpos lles pertencen e que ninguén pode tocalos o referirse a eles dunha maneira que non lles goste, atemorice ou avergoñe. Hai que darlles poder e protección, reducindo a probabilidade de abuso e acoso, incluso entre pares.

2.- OBXECTIVOS

• Incrementar o coñecemento de cómo os corpos e as emocións cambian na puberdade.

• Gañar confianza para discutir temas relacionados coa súa saúde.

• Ofrecer información veraz e oportuna que, a su vez, promocione prácticas saudables de hixiene e conduta.

• Comezar a desenvolver a conciencia en torno a roles de xénero.

• Reducir as preocupacións que podan ter sobre a menstruación e o seu manexo práctico.

• Axudar a obter unha imaxe positiva de sí mesmo ou mesma.

• Disminuir o acoso entre pares.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet