IGUALDADE - NOA NO ESPELLO (EI, 1º, 2º, 3º e 4º EP)

"Noa no Espello", da compañía Sarabela.

 

A obra, dirixida a pequenos de entre 4 e 11 anos, conta as historias de tres personaxes, que defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz".

 

Desde Sarabela defenden que con esta representación "búscase ensinar aos pequenos como enfrontarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

 

Durante os 45 minutos que dura a representación, Sabela Gago, a intérprete, utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet