Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 20/05/2019 09:07
Bo día,
A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade Secretaria Xeral da Igualdade Edif. Administrativo San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela
|