Problemática do camiño de acceso ao colexio

Estimadas familias,

Onte, 14 de novembro, a dirección do centro mantivo unha reunión co presidente da ANPA. En dita reunión, comunicóuselle ao centro que varias familias mostraran o seu malestar polo estado do camiño que une a rúa As Forcadas coa porta de entrada e saída do colexio por parte do alumnado. Estado que está a provocar que nos días de chuvia sexa un percorrido complicado.

A dirección do centro, informa de que a titularidade e responsabilidade deste camiño é do Concello de Ponteceso. ANPA e colexio, anos atrás, xa fixeramos coñecedores aos responsables da necesidade de acondicionar este tramo, resolto nese intre cun arranxo precario que co tempo móstrase de novo problemático.

O centro recibiu algunha solicitude por parte das familias para que se abrise a porta superior peonil, feito que por cuestións organizativas do centro só sería posible se o transporte escolar nos permitise unificar o control de acceso por unha soa zona, eliminando o actual acceso que temos.

Como sabedes, despois do envío dos pertinentes informes xustificativos, a resposta da Consellería de Mobilidade e Infraestruturas foi denegarnos o cambio de itinerario do bus e conseguinte acceso deste ao interior do recinto.

Un acceso pola porta principal superior, só está operativo fóra dos tempos de garda de transporte (9:25-9:35). É o caso de aquelas familias que de xeito excepcional chegan xusto despois das 9:35  e timbran para que se lles habilite o acceso ao colexio.

Dende o colexio, invitamos ás familias a estar atentas a comunicados da ANPA, pois ten pensado iniciar medidas, coa vosa colaboración,  para solicitar ao concello o acondicionamento do camiño.

Esperando que se chegue pronto a unha solución, recibide un cordial saúdo.