Próximos eventos

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Circular informativa

 Calendario electoral

 Convocatoria sector familias

 Convocatoria sector profesorado

Información sobre elección sector familias

 Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.

 

Festival Nadal 2023

Vocabulario Español-Ucraniano - Іспансько - українська лексика

Seguridade no centro

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID

Novo protocolo covid da Consellería de Educación (Xunta de Galicia) 20 de maio de 2022.

 

Protocolo do CEIP As Forcadas

 Débese ter en conta que o que entre en conflito coa última versión do protocolo da Consellería non terá efecto práctico.

COMUNICADO DA XUNTA SOBRE USO DE MÁSCARA

Normas Biblioteca 2020/2021

No seguinte enlace podedes ver as normas de usa da biblioteca para o curso 2020/2021

SEMANA DO LIBRO

Dende o CEIP As Forcadas queremos recordarvos que esta semana do 20 ao 24 de abril conmemórase a semana do libro.

Dadas as especiais circunstancias, non o poderemos festexar como se merece, pero aínda así queremos salientar a importancia dos libros e da lectura na nosa vida.

Por iso gustaríanos proporcionarvos acceso a algúns materiais de lectura gratuíta online.

Por suposto, é solo unha proposta de lectura optativa, xa que seguro que estades a ler moito e nas vosas casas atopades moitos outros libros e lecturas.

Ánimo e Saúde

 

Pulsa aquí

 

"COVID QUE TE VIN"

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto curso de Educación Primaria, quérenvos facer chegar este vídeo dende as súas casas para que o confinamento sexa máis levadeiro. Mirade a enerxía que se gastan! Desexamos que vos guste

                                                           COVID QUE TE VIN (preme)

Día Síndrome de Down

O departamento de orientación organizou unha proposta para comemorar o Día Mucial do Síndrome de Down

https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=qDGS4VtrR9TKfXBLknIv

8 de marzo; as nosas mulleres contan

Hoxe celebramos o 8 de marzo na escola e para conmemorar este día que mellor que contar coa presencia de dúas das mulleres que aparecen reflexadas nas biografías do noso fanzine: Corme mar e terra: o papel das nosas mulleres.

Uxía ilustrou a vida da súa avoa Rosalía e Fiz a da súa nai Eva. Foron hoxe elas dúas, Rosalía e Eva as que nos achegaron como é a vida e como foi no pasado de dúas das mulleres que viven no noso territorio.

Tanto Eva como Rosalía fixeron fincapé nos múltiples traballos que desenvolven ao longo dun só día e foi Rosalía, xa xubilada, á que nos achegou un pouquiño de historia sobre o papel que mulleres coma ela xogaron en Corme nun pasado moi recente.

Para máis info pincha AQUI

 

Álbum: Curso 2019-2020 -> 8 de marzo

Os contos de sabedoría e botrato chegan ao CEIP As Forcadas

Na súa segunda edición para o CEIP As Forcadas, chegan os contos de sabedoría para e botrato da man do conto "A pequena loba".

No marco dos contrato programa, na liña de actuación adicada á mellora da convivencia escolar, desenvolveremos durante o mes de abril obradoiros conxuntos para familias e alumnado. Con dinámicas vivenciais e participativas, experimentaremos a través deste conto que ten como protagonista unha lobiña, o que é o respecto e a axuda mutua e as posibilidades de cambio persoal e relacional que as persoas, crianzas e adultas, podemos experimentar. 

Este obradoiro será impartido por Olalla Villaronga Seoane, psicóloga social experta en Terapia do Reencontro.

Abrimos xa o periodo de inscrición para familias e alumnado. Animádevos co botrato!

    

Distribuir contido