Xoves 6 e venres 7 de outubro de 2022
Tras a volta á normalidade despois da pandemia, seguimos co fomento da actividade física.
Nesta ocasión desenvolvemos 2 xornadas de vela entre o alumnado de 3.° e 4.° de Primaria.
A primeira tivo lugar o xoves no colexio e foi de tipo teórico.
Para a segunda desprazámonos ata Sanxenxo para poñer en práctica o aprendido no día anterior.
Queredes ver a actividade? Pois premede na seguinte foto para acceder aos vídeos e á galería de imaxes.
Sen dúbida, pasámolo en grande!!!