Skip to Content

OBSERVATORIO DE AVES 5.º/6.º EP

Venres 10 de febreiro de 2023

Na mañá do venres, o alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou nunha actividade de avistamento de aves organizada polo Concello de O Grove e a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).

Tras unha charla informativa sobre a migración das aves, o coidado das mesmas, etc. puxeron rumbo á Toxa onde con cadernos, guías, prismáticos e algúns telescopios, puideron observar as aves da zona (cormoráns, garzas reais...) para logo anotar os nomes científicos e comúns.

Esta actividade está relacionada cos ODS:

  • n.º 4 Educación de calidade
  • n.º 13 Acción polo clima
  • n.º 15 Vida de ecosistemas terrestres

Sen dúbida foi unha proposta moi interesante na que aprendemos moitas cousas!

Premede na fotografía para acceder á galería.



page | by Dr. Radut