LETRAS GALEGAS 2021/2022
Maio 2022
Hoxe, 17 de maio, festexamos o Día das Letras Galegas.
Para celebralo actualizamos o noso vídeo dicionario con máis verbas relacionadas coa nosa terra e contorna tal como facía Florencio Delgado Gurriarán na súa obra, poñendo en valor o agro, a natureza e a nosa cultura.
Ademais, realizamos un pequeno festival no que por grupos, os nenos/as cantaron cancións populares da nosa tradición galega. Os encargados de ensaiar e dirixir aos grupos foron os alumnos/as de 6.º de Primaria. Fixérono xenial!
Para ver o vídeo dicionario e as actuacións premede na seguinte imaxe.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!