DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021/2022
Mércores 23 de febreiro de 2022
O 23 de febreiro de 2022 celebramos o Día de Rosalía de Castro, auténtica data de nacemento da poetisa galega.
Este ano conmemoramos o día cun mural colectivo que enchemos de pensamentos con versos e palabras dos seus poemas.
Ademais, cada clase escolleu unha das súas poesías e gravou un fantástico vídeo no que os nenos e nenas recitan os versos como auténticos poetas e poetisas.
Podedes acceder aos vídeos premendo na imaxe do mural!
Esperamos que vos gusten!