Skip to Content

Síndrome de Down

O NOSO COLE SÚMASE A INICIATIVA DOS CALCETÍNS DESPARELLADOS

Este ano o noso cole sumouse a inciativa dos "calcetíns desemparellAdos" para conmemorar o día do Síndrome de Down. Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Aquí vos deixo o vídeo de Cloe a impulsora deste movemento:

 

 

E aquí vos deixo algunhas fotos do día de hoxe no noso cole:

 

 

GRAZAS CLOE, POR ESTA GRAN IDEA!!!!

“DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN”

Queridas familias:

O día 21 de marzo conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

No noso centro quixemos facer a nosa achega e, por iso, 4º de Primaria preparou un traballo partindo da historia de Pepita, a protagonista do conto “Pepita es especial” de Fabiola Arroyo e Irene G. Lenguas.

A continuación tedes o vídeo co marabilloso resultado deste traballo. Parabéns mestras, nenas e nenos!

 

Como acabades de escoitar, gustaríanos que o luns 22 cada nena e neno veña á escola con calcetíns desparellados, pequeno acto simbólico que se  fai dende hai uns anos para conmemorar este día.  No enlace da Federación Síndrome de Down Galicia, que tedes a continuación, podedes ler a explicación de como naceu esta iniciativa.

 

https://downgalicia.org/es/2020/03/18/calcetines-desparejados-para-conmemorar-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/

Distribuir contido


by Dr. Radut