Hai 25 anos nacía o programa VOZ NATURA co obxectivo de fomentar a defensa do medio ambiente de Galicia desde as aulas.O noso Centro leva varios cursos participando nas distintas actividades programadas.
Os colexios guardeses A Sangriña e As Solanas foron os primeiros de Galicia en participar nas accións especiais que conmemoran o 25 aniversario de Voz Natura.
Nesta ocasión, a acción dos centros escolares da Guarda desenvolveuse no primeiro dos cinco tramos do Camiño Portugués da costa que realizarán os colexios durante este curso e que lles levará a pasarse a testemuña duns a outros.
Comezou o noso tramo de camiño no Centro coa foto de partida do alumnado de 4º e 5º ...
...collendo a testemuña da man da mestra responsable de Voz Natura, Lucía Lima.
Na praia retomaron forzas despois da camiñata...
Entregaron a testemuña ó Centro das Solanas:
E rematou a xornada coa fotaza final dos dous Centros xuntos.
Para rematar, aquí deixamos o enlace á noticia no xornal "La voz de Galicia" onde se pode ler ademáis o traballo ambiental desenvolto nos dous cursos anteriores no noso Cole.
http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-2309-La-25%C2%AA-edici%C3%B3n-de-Voz-Natura-arranca-con-dos-colegios-de-A-Guarda&idioma=Galego