Skip to Content

XORNADA DE CONVIVENCIA NO SAN XEROME

O luns 4 de febreiro, o alumnado de Infantil de 4 anos xunto cos compañeiros de 1º de primaria tiveron o privilexio de compartir cos alumnos de San Xerome unha xornada de convivencia.

Por grupos participamos en talleres de cociña, manualidades, na aula sensorial....

Os alumnos de San Xerome  estiveron moi activos desenvolvendo o rol  de mestres e mestras!

Como aprendemos con eles! 

Foi unha experiencia marabillosa e que ben seguro non esqueceremos!!!

 

Menús de febreiro

Dende este mes imos a publicar directamente os menús en Twitter. Non é necesario ser usuario de Twitter para poder velos.

 

https://twitter.com/anpaasangrina

Día da paz 2019

Este ano para conmemorar o día da paz traballamos unha canción de Macaco titulada "Somos una marea de gente" e para conciednciar aos alumnos fixemos unha marea de xente con bonecos de papel polo cole, todos diferentes pero remando ao mesmo compás.

E preparamos unha sinxela coreografía para a canción que representamos no patio cuberto de infantil.

 

 

Nada máis rematar a canción, espontáneamente, abrazos, abrazossss

 

 

SAÍMOS A VER WONDER, UNHA PELÍCULA SUPER EMOCIONANTE

Hoxe, convidados polo Concello, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegámonos ao Centro Cultural para ver a película WONDER.

 

 

Que ganas tiñamos de chegar!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Xa alí, estábamos  ansiosos por entrar.

 

 

 

 

 
Esperando o comezo!!!
 
 
 
 
 
E comeza a proxección

 

 

 
 
É a historia dun neno da nosa idade que nace cunha mala formación facial. Ten que sufrir unha morea de operacións e longos períodos de recuperación na súa casa que lle impiden ir a escola coma os outros nenos. Vive coa súa familia  que sempre o axuda e o protexe. A súa nai deixa todo e adicase a ser a súa mestra.
 

 

 

 Pero, chega o momento decisivo. Ten que enfrontarse a un novo reto igual de difícil: Asistir por primeira vez á escola, coñecer outros nenos e mestres.



Este é o seu primeiro día na escola.






Esta é unha historia de superación, e cheíña de tropezos, boas intencións e con mensaxes a favor da tolerancia e amizade.

 


En resumo, unha boa lección de valentía, bondade e amizade. 


ENCANTOUNOS!!! 

 

FOMO AO TEATRO!

Hoxe, grazas Afundación e a súa programación escolar,  os alumnos de 5º e 6º de primaria, desfrutamos dunha obra de teatro especial para nós: TARZÁN. 

Salíamos ben cediño do cole

 

 

Estabamos  intrigados e un chiscos nerviosos por se seríamos quen de entendela. Claro era en inglés e…

 

Así de expectantes estabamos

 

 

 

 

 
Todos esperando o comezo! 
 
Mirade como foi esta aventura! 
 



E despois de medrendar e repor forzas  volvemos ao cole!

 

 

 

 

 

Os gardas forestais no cole!

Hoxe achegáronse dous gardas forestais ao cole para explicarnos aos nenos de 5º e 6º a importancia da natureza e o seu coidado.

MENÚS DE XANEIRO

Menú xeral para xaneiro:

 

Menú sen gluten para decembro:

Festival Nadal

Como cada ano, nestas datas celebramos o  festival de Nadal como remate de trimestre.

Toda unha ledicia! 

Que nerviosos estabamos con tanto público!!!

 Infantil de 4 anos

Infantil 3 anos

Infantil 5 anos

1º de primaria

2º de primaria

Coro do cole e 5º de primaria

3º e 4º de primaria

Un festival precioso! 

VISITA AO ASTALEIRO DA PASAXE: CONSTRUCIÓN BARCO VOLANTEIRO

Os alumnos de 6º de primaria saíron a visitar o Asteleiro da Pasaxe para ver  como están facendo a réplica dun barco volanteiro típico guardés.

Clica na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut