Skip to Content

COÑECEMOS AO INVENTOR FELIX FERREIRA!

Versión para imprimir

Onte, os rapaces e rapazas de 4º de primaria, tivemos o privilexio de coñecer a un inventor: FELIX FERREIRA.

Recibiunos na súa fábrica xunto coa súa dona Ángeles.
Desde o primeiro momento nos explicou cal foi o proceso que seguiu para chegar a inventar o  anzol combinado coa luz eléctrica. A idea xurdiulle da observación e necesidades dos pescadores. El coñecía o uso da luz química, pero como é contaminante empezou a discurrir hasta que tras varios intentos logrou o seu invento.
Tamén nos contestou a cada unha das preguntas que lle fixemos a modo de entrevista.
Ademáis ensinounos outros productos que fabrica, entre eles a carcasa da boia para localizar os bonitos e atúns, que é pioneira mundial.
De seguido mostrounos como é unha máquina por dentro e cal é proceso que segue o plástico hasta converterse na peza desexada.
Posteriormente puidemos ver a cadea de producción.
Finalmente agasallounos a cada un cun calamar de silicona e o seu invento: unha lámpada sumerxible que emite luz eléctrica producida por dúas pequenas pilas.
Foi unha visita alucinante que nos esqueceremos!

Gracias Felix e Ángeles!!!



page | by Dr. Radut