BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
TORNEO DE DATCHBALL
Versión para imprimir
Dende a aula de EDUCACIÓN FÍSICA, o profe Noel, sempre disposto a innovar e acercarlle ó alumnado moitas actividades novas, organizou un TORNEO DE DATCHBALL .
Traducido ó noso idioma como "balón prisioneiro",trátase dun deporte de colaboración e oposición disputado nunha cancha dividida. O obxectivo principal é eliminar os xogadores do equipo contrario lanzando pelotas e tocándolles con estas antes de que estes rivais consigan o mesmo obxectivo.É unha actividade física que axuda a fomentar o traballo en equipo .
O torneo comezou hoxe no recreo.
Aquí quedan algunhas imaxes que deixan ver a implicación e a boa acollida que tivo entre o noso alumnado.
GRACIÑAS PROFE!!!!