Skip to Content

20N DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENXS

Hoxe conmemoramos o Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

O centro abría as súas portas con diferentes carteis sobre o tema.

Na hora de leer tódolos cursos visionaron unha curtametraxe axeitada á súa idade e en torno a un dereito:

Educación Infantil: Y tu? que quieres ser de mayor?- Dereito á Igualdade

1º,2º e 3º de Educación Primaria Embarked- Dereito a unha vivenda digna

e 4º,5º e 6º Soldaditos de latón- Dereito á protección contra a pobreza e dereito ó xogo

Deixamos algunha imaxe das aulas:

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024-25

Hoxe de 15:30 a 18:00 se celebran as votacións para a elección dos representantes das familias ó Consello Escolar.

As candidatas son as seguintes:

  • Mª Carmen Álvarez Dacuña
  • Mónica Pérez Cadilla
  • Virginia González García
  • Elsa Fernández Martínez

As dúas elexidas formarán parte do Consello Escolar durante os próximos catro anos recollendo intereses e expectativas do alumnado e das familias, tratando de mellorar a convivencia e facilitando a comunicación entre os elementos da Comunidade Educativa.

Achegádevo ó cole a depositar o voso voto!

DÍA MUNDIAL DA DIABETES 2024

O vindeiro xoves 14 de novembro é o día mundial da diabetes. Cada curso aumenta o alumnado con diabetes nas aulas, na súa grande maioría diabetes tipo 1, unha enfermidade autoinmune que segue a ser unha gran descoñecida, e que a miúdo se confunde coa diabetes tipo 2.

 

No noso centro temos unha alumna con esta enfermedidade, por iso consideramos importante informar a toda a comunidade educativa sobre a mesma, non só para explicar en que consiste e como lle afecta, senón tamén para resolver moitas dúbidas entre o alumnado. Nos seguintes enlaces tedes videos, contos e recursos para que as nenas e os nenos entendan todo sobre a diabetes.

MAGOSTO 2024

Hoxe celebramos o Magosto no cole.

Dende ben cedo comezouse a fogueira para o asado das castañas, desta vez encargaronse o Profe Alejandro, Antía, Ana e as nosas teachers coa axuda dalguns alumnos de 6º, moitas grazas pola vosa disposición.

As 9:30 deron comezo os xogos populares organizados polos rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria.Qué ben o fixeron! uns xogos dos que disfrutaron todos os seus compañeiros! Había carreira de sacos, culler con castaña, aros, pano e ata algún xogo de pensar un pouquiño...

Despois de tanto brincar chegou o momento de catar as castañas, así que por cursos nos fomos sentando para comer.

E antes de que comezara a chover nos deu tempo a xogar un pouquiño.

Aquí vos deixamos un resumo desta xornada!

 

Coma sempre, moitisimas grazas familias polas vosas aportacións, sen vos, non se poderían levar a cabo días de festa coma este.

FALADOIRO IGUALDADE: CREANDO ESCOLAS SEN ARMARIOS

Seguimos coa Formación de Igualdade, desta vez pechamos o ciclo de charlas organizadas pola ANPA ATALAIA cunha actividade de sensibilización e diversidade afectiva, sexual e familiar impartida por Cristina Palacios presidenta de Arelas.

Terá lugar coma sempre en BiblioPepiño, de 16:30 a 18:30 este martes, convidamosvos a todos a asistir, haberá servizo de coidado- canguro.

Moitas grazas ANPA por todo o traballo que supón organizar e xestionar todos os faladoiros!

OS BOLECHAS E OS PALANGREIROS DE A GUARDA

Este venres día 25 de outubro os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria asistiron á unha presentación moi especial, nada máis e nada menos que Os Bolechas!

 

Visitaron A Guarda co gallo do seu novo libro, unha colaboración con ORPAGU adicada ós palangreiros da Guarda e nos invitaron a acudir ó Centro Cultural a participar de este evento ademais de a celebrar o seu aniversario! Moitas felicidades Bolechas! a seguir cumprindo anos acompañando a infancia de tantos e tantos cativos!

Todo o noso agradecemento tamén a ORPAGU que sempre conta con nos para este tipo de actividades.

SAMAÍN SANGRIÑENTO 2024

E chegou o día!

O Samaín xa está eiquí! Comezamos a mañá coa Entrada Terrorífica, deixamosvos un vídeo co percorrido para os curiosos

 

O día resultou moi entretido para todos, scape room, gynkana, photocalls, merendola e bo tempo nos fixeron disfrutar dos disfraces a tope! Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

Para rematar, o veredicto do concurso de cabazas, resultaron premiados na categoría "A CABAZA MAIS TERRORÍFICA" Javier Lomba de 5º EP, Dani Cadilla de 3º A, Luka Baz de 2ºB e Clara da Silva de 6º de Educación Infantil

 

Na categoría " A CABAZA MAIS ORIXINAL" resultaron premiados Andrea González de 5º, Leire Pazos de 3ºA, Yara Lomba de 1º na foto coa súa irmá pequena Iris, e Aimar González de 6º de Educación Infantil

Na categoría especial "ENTRE OLAS E TIXOLAS"  Valentina Álvarez de 3º A, Artai de 2º A, Hector de 6º de Educación Primaria e Sheila dos Santos de 5º de Educación Infantil.


As receitas gañadoras do Monster Chef as podedes consultar en https://bibliopepinho.blogspot.com/2024/10/premios-monsterchef.html

Esperamos todos o houberan pasado moi pero que moi ben!

Regresamos ó cole o luns 4 de novembro, divertidevos moito nesta ponte!

CONCURSO DE CABAZAS 2024

 

Así de arrepiantes locen todas as creacións do concurso de cabazas! Moitas grazas familias por participar un ano máis nesta iniciativa.

Xa temos todo preparado para a celebración do Samaín! Daremos comezo coa ENTRADA TERRORÍFICA, pero que ninguén se nos asuste demasiado, todos aqueles nenxs que non queiran ser asustados poden entrar coas luces acendidas!

Agárdanos unha mañá cheíña de actividades, primeiro Educación Infantil fará unha Gynkana chea de obstáculos aterradores e Educación Primaria fará por quendas un Scape Room... conseguirán saír a tempo para a merenda?

Degustaremos as delicias que desta vez virán da man dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e de seguido terá lugar a entrega de premios no patio cuberto dos Concurso de Cabazas e do Concurso Monster Chef lanzado por BiblioPepiño.

A saída do alumnado terá lugar como de costume, e a recollida das cabazas será a partires da 13:00.

 

 

FALADOIRO TDAH

Este venres terá lugar na biblioteca do centro un faladoiro centrado no Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade,aberto a todo o público! estades todos convidados!

Terá comezo ás 18:00 ata as 20:00.

Recordarvos que grazas á ANPA Atalaia se contará con servizo de coidorx para os que traides os nenxs

 

CONTOS CANTADOS

bea campos

Seguimos disfrutando das actividades de Igualdade!

Desta vez os destinatarios foron os alumnos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.

Non se agardaban o que os esperaba este venres en BiblioPepiño!

Os contos de Violeta os fixeron desfrutar deste Contacontos a cargo de Bea Campos.

Escoitamos, cantamos e ata bailamos! Moitas grazas a Bea e Jony por este bo momento e unha vez mais á nosa ANPA por achegarnos este tipo de actividades! Vos sí que sabedes o que nos gustan!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut