O alumnado de sexto tras a súa practica regueifando, no curso de regueifas que fixeron no colexio, remataron colaborando nunha regueifa colectiva con outros centros de ensino galego, esperamos que vos guste...
6º Curso
REGUEIFA COLECTIVA CON ALGÚNS COLES E INSTIS DE GALICIA
Enviado por ceiparua o Mér, 27/04/2022 - 19:05NOVO Blog de 3º ciclo creado no curso 2020/21
Enviado por ceiparua o Ven, 14/05/2021 - 14:28O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación
Enviado por ceiparua o Mar, 07/10/2014 - 16:56O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.
A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro:
Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.
Este documental está publicado na web de Vimeo:
Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:
https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso
O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:
http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html
Documental "Massó no recordo"
Enviado por ceiparua o Sáb, 14/06/2014 - 00:17A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.
E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).
Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!
Enviado por ceiparua o Xov, 12/06/2014 - 10:09Cine en curso
Enviado por ceiparua o Ven, 16/05/2014 - 00:00CINE EN CURSO 2015-2016
Neste curso traballaremos un proxecto para rodar unha curtametraxe de ficción.
Diario dos obradoiros (Web de Cinema en curso)
AS MIGRACIÓNS EN CANGAS
No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións en Cangas, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes.
O traballo que imos desenvolvendo durante este curso queda rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Neste blog podedes seguir o noso proceso de formación.
O diario de aula queda recollido na Site Sempre en Cangas
Finalmente, no mes de xuño presentamos o noso documental "Deixando atrás", ao que podedes acceder no enlace anterior.
CINEANDO ILUSIÓNS
No curso 2013-2014 foinos concedido participar no Cine en Curso co proxecto "Cineando ilusións". Este proxecto permite que o alumnado de 6º curso de primaria participe activamente na elaboración dun documental sobre a fábrica de Massó de Cangas, asesorados por técnicos profesionais.
Ver aquí a documentación do proxecto e as actividades realizadas.
Por este proxecto foinos concedido o premio de Alfabetización Audiovisual, polo Ministerio de Educación.
Na web de Gingko recóllese unha entrevista ás profesoras implicadas no proxecto.