Documentos

NOVO CHEQUE DE LIBRO 25 EUROS

 

As familias beneficiarias do cheque de material de 50 euros, recibirán outro vale adicional de 25 euros, recoméndase gastalo antes de decembro.

Poderán pasar a recollelo a partires do mércores 19 de outubro.

BECAS COMEDOR CURSO 2022_23

Aquí poderesdes atopar as bases das axudas de comedor, así como a solicitude para poder facelo. Prazo máximo día 5 de agosto.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

 

 Dende hoxe e ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para solicitar axudas para material escolar do alumnado de

primaria (de 1º A 5º), xa que o alumnado 6º que cursará 1º da ESO ( realizara o trámite xa dende o IES de Rodeira ou aquel no que decidiran matricularse)

 

A solicitude deberá ser asinada e presentada xunto a unha fotocopia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza

de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade ou documentación acreditativa de ser vítima de

violencia de xénero, no caso en que a unidade familiar non coincida, precisaredes un certificado de convivencia.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente de xeito telemático, na aplicación FONDO LIBROS,Para iso,

precisaredes contar coa Chave 365 ou ben co Certificado dixital, outra opción será presentar a solicitude na

secretaría do centro, cubrindo os documentos adxuntos (ANEXO I  e ANEXO II) o horario de atención será de 09:30

a 10:15 horas e de 13:45h a 14:30h

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN COVID

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS CURSO 2019-2020

As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, determina que "o profesorado revisará os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas".

Neste sentido, realizamos a adaptación das programacións didácticas, seleccionando as competencias e os estándares imprescindibles e aqueles que se traballaron na 1ª e na 2ª avaliación, que son os que van ser obxecto de repaso, reforzo e recuperación nesta terceira avaliación.

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS

 

Educación Infantil

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de Primaria

4º de Primaria

5º de Primaria

6º de Primaria

Lingua estranxeira Inglés 1º

Lingua estranxeira Inglés 2º

Lingua estranxeira Inglés 3º

Lingua estranxeira Inglés 4º

Lingua estranxeira Inglés 5º e 6º

Educación Musical

Educación Física

Relixión 1º

Relixión 2º

Relixión 3º

Relixión 4º

Relixión 5º

Relixión 6º

 

 

Documentos do centro (2014-2015)

 

Programación Xeral Anual do curso 2014-2015

 

Proxecto Educativo do Centro

Regulamento de Réxime Interna

Plan de Orientación Educativa (ínclue Plan de Acción Titorial e Plan de Atención á Diversidade)

Plan de Introdución das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Plan de Convivencia (2009-2010)

PLAMBE (Biblioteca)

Proxecto lector

Plan de Normalización e Dinamización Lingüística

 

 

 

PROXECTOS

Proxecto "Pensa, crea... ¡Acción!" (Os medios audiovisuais para o desenvolvemento das Competencias Clave), en agrupación co CEIP Santa Marina de Magán en Toledo e coa Escola de Bordils, en Girona.

 

Distribuir contido