Séguenos no blog Somos Indios Viaxeiros
4º curso
Benvidos todos os peques de tres anos
Enviado por ceiparua o Ven, 14/11/2014 - 13:35COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA COA NOSA ENTRADA Ó COLE. PARECE QUE VAI SER MOI, MOI VIAXEIRA NA QUE DESCUBRIREMOS GRANDES COUSIÑAS ENTRE TODOS.
XA VOS IREMOS AMOSANDO POUCO A POUCO ESTA AVENTURA.
SOMOS CLASE DOS INDIOS VIAXEIROS, QUE ESTAREMOS TODO O CURSO FACENDO RUTAS TURÍSTICAS MOI INTERESANTES NAS QUE VOS AMOSAREMOS AS NOSAS AVENTURAS.
AQUÍ COMEZAMOS AS NOSAS ANDADURAS COAS RUTINAS NA AULA.
PASAMOS LISTA. O ENCARGADO SERÁ O XEFE INDIO ATAVIADO PARA A OCASIÓN ACTUALIZA OS CALENDARIOS DE AUSENCIAS E PRESENCIAS......
E COLOCAMOS AS NOSAS TARXETAS NO NOSO
TIPI.
TRABALLAMOS DE FORMA INDIVIDUAL
E POR PARELLAS.
REPOÑEMOS FORZAS CUNHA MERENDA MOI RICA.....
XOGAMOS NA CLASE A CONSTRUÍR TORRES.
E NO PATIO COMPARTINDO MOMENTIÑOS E XOGOS.
VISITAMOS A BIBLIO.
OLLAMOS OS LIBROS CON GRAN ILUSIÓN.
E ACHUCHAMOS A RONI!!!!.