Novas

SERVIZOS DE AULA MATINAL E COMEDOR

O DÍA 11 DE SETEMBRO INICASE O SERVIZO DE AULA MATINAL E COMEDOR ESCOLAR.

AULA MATINAL DE 8:00 A 9:30 realizado o servizo pola empresa Ollos Abertos.

SERVIZO DE COMEDOR DE 14:30 A 16:30, prema nos enlaces para descargar as instruccións de solicitude e a normativa de uso do servizo.

NORMATIVA CONCELLO DE CANGAS:

https://app.box.com/s/392ncakt7ozmx8zram1c2bcsfdkn93dx

INSTRUCCIÓNS DE SOLICITUDE:

https://app.box.com/s/28ksrd38m641ch3t0w8c54vnp7lub0f7

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

AXUDAS COMEDOR ESCOLARAXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Preme no enlace para descargar as bases da convocatoria e a solicitude
https://app.box.com/s/gujibuppi0f0o5i0u3372991ocy732c8

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO

 

PREME NA LIGAZÓN E REALIZA A RESERVA TELEMÁTICAMENTE ANTES DO 5 DE FEBREIRO

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED550A

 

DATAS DE XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

COMEZAMOS AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

CONCERTA A TÚA CITA TELEFÓNICAMENTE, E VEN A COÑECERNOS!

BANCO DA AMIZADE

 

 

 

 

 

Hoxe 1 de xuño fixéronnos entrega dun agasallo en forma de banco para o patio do noso cole. Este banco foi elaborado dentro dun obradoiro de intercambio interxeneracional que dende hai anos están a levar a cabo dende a Asociación ARELA de Vigo e un grupo de voluntarios xubilados (da zona de Coia desta cidade). O banco traballouse dentro dun obradoiro de carpintería no que este grupo de voluntarios compartiron os seus coñecementos, sabedoría e a súa compañía con un grupo de adolescentes e persoal educativo de ARELA. O banco é froito do traballo colaborativo que se desenvolveu ó longo dos últimos meses e para o que ademais contouse coa doazón do material a través da empresa Nauteka, na que traballa unha  mamá do colexio.

 

Hoxe estiveron no cole unha representación destas persoas voluntarias e da Asociación ARELA, así como do CEIP A Rúa. Compartimos un agradable momento de charla sobre a importancia da convivencia e o intercambio de experiencias, independentemente da idade. O banco sitúase na contorna próxima ó rio Saíñas e á sombra do gran castiñeiro. Sentar neste banco facilitará a nenos, nenas, familias e profesorado unha entrada directa de enerxía positiva pois foi construido con esta finalidade e co maior dos cariños.

 

 

               

 

AULA MATINAL E COMEDOR

MAÑÁ DÍA 9 AS 8:00 COMEZARÁ A AULA MATINAL E O COMEZDOR DARÁ COEMZO O VINDEIRO LUNS 13.

 

AULA MATINAL

MEDIDAS COVID AULA MATINAL

1 HORA AULA MATINAL

1 HORA E MEDIA AULA MATINAL

 

COMEDOR

INFORMACIÓN E APLICACIÓN

SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN ENVIADE A info@alimentacionsaludablegallega.com

A empresa Alimentación Saludable Gallega S.L. será a encargada dos comedores escolares .

 

A alta no servizo realizarase a través da APP Colechef da que acompañamos nota informativa explicando os pasos a dar. Para ampliar información podedes dirixirvos ao seu email info@alimentacionsaludablegallega.com . Para os/as alumnos/as que queiran empezar o 13 de setembro o prazo remataría o 10 de setembro. 

 

O prezo do comedor será de 3,80 €.

 

Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan facer a solicitude a través da aplicación, poden realizalo co modelo de solicitude do ano pasado.

 

5.- Os comedores escolares iniciarán a súa actividade o luns 13 de setembro.

Xunto nota informativa sobre App colechef e a súa utilización

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

A orde do 6 de maio de 2021, establece as instrucións para solicitar axudas de material escolar para o próximo curso 2021-2022.

Esta axuda está destinada ao alumnado que estará matriculado en Educación Primaria (de 1º a 6º) o vindeiro curso. O alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria e fixo a solicitude de reserva para Secundaria, deberá presentar a solicitude no IES de destino.

Só as familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ terán dereito a esta axuda, que se concreta nun vale por 50€.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2021.

A solicitude poderá presentarse de dous xeitos:

1. Cubrila directamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Procedemento ED330B. Con certificado electrónico ou con Chave 365.

2. Descargar o impreso Anexo I e II para cubrilo, asinalo e entregalo no centro para a súa tramitación. Poderá recollerse tamén na Conserxería.

A solicitude deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019.

A documentación a entregar será:

  • Solicitude cuberta e asinada.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da última sentencia ou convenio regulador, onde conste a custodia do/a menor.
  • No caso en que a unidade familiar non coincida, certificado de convivencia.
  • No caso de discapacidade, certificado do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • De ser o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido