CHEGOU O MOMENTO ESPERADO...........
E MOI PUNTUAL, MIGUEL ÁNGEL CHEGOU CUNHA MALETA CARGADIÑA DE POEMAS E MOITA MAXIA.
O ESCENARIO ESTÁ PREPARADIÑO PARA RECIBILO, ESTAMOS MOI EMOCIONADOS!!!!
A PRIMEIRA SESIÓN FOI PARA INFANTIL
DÉMOSLLE UNHA CÁLIDA BENVIDA.
ENSEGUIDA NOS ENGAIOLOU COA SÚA ARTE DE CONTAR.........E TODOS XUNTOS RECORDAMOS OS POEMAS DE CULLARAPO.
ACOMPAÑAMOS CON MÚSICA E BAILE.....QUE DIVERTIDO!!!!
A MAÑÁ SEGUIU CUNHA SESIÓN PARA PRIMARIA.
NESTE CASO, COA NENA QUE NON A DEIXABAN SER FELIZ
E COA MESMA SINTONÍA, OS NENOS CONECTARON CON MIGUEL ÁNGEL E PARTICIPARON CON MOITA ILUSIÓN.
SABELA UNHA NENA DE 4º, LEEU UN POEMA DE CULLARAPO QUE LEVA O SEU MESMO NOME.......MIGUEL ÁNGEL QUEDOU PRENDADO!!!!
COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA, OS NENOS DE INFANTIL DÉMOSLLE UN AGASALLO. UNHA SERIE DE ILUSTRACIÓNS ONDE CADA NENO SE DEBUXOU CON ELEMENTOS DOS POEMAS DE CULLARAPO.
SABELA EN REPRESENTACIÓN DOS NENOS DE PRIMARIA TAMÉN LLE ENTREGOU UN AGASALLO.
GRACIÑAS POR VIR Á NOSA BIBLIO CON TANTA ILUSIÓN E MAXIA.......MIL BICOS MIGUEL ÁNGEL!!!!