As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, determina que "o profesorado revisará os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas".
Neste sentido, realizamos a adaptación das programacións didácticas, seleccionando as competencias e os estándares imprescindibles e aqueles que se traballaron na 1ª e na 2ª avaliación, que son os que van ser obxecto de repaso, reforzo e recuperación nesta terceira avaliación.
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS
Lingua estranxeira Inglés 5º e 6º