Blogues

REGUEIFA COLECTIVA CON ALGÚNS COLES E INSTIS DE GALICIA

O alumnado de sexto tras a súa practica regueifando, no curso de regueifas que fixeron no colexio, remataron colaborando nunha regueifa colectiva con outros centros de ensino galego, esperamos que vos guste...

CRITERIOS DA AVALIACIÓN E MINIMOS CURRICULARES DE AVALIACIÓN

Publicamos o  documento relativo a avaliación de primaria neste cursos no que entra en vigor a avaliación pola nova lexislación Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, seguindo  a ORDEN de 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaluación nas enseñanzas de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bachillerato no sistema educativo de Galicia.

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 21 DE MARZO

Comeza o prazo de admisión, podese facer online mediante este enlace se contas coa CHAVE 365 ou certificado dixital:

ENLACE DE ADMISIÓN 

SEMANA DO ENTROIDO NA RÚA 21- 25 FEBREIRO

CHEGA O ENTROIDO, XA ESTABAMOS AGARADANDOO CON GANAS. ESTE ANO AS NOSAS CONSIGNAS NON SERÁN ACUMULATIVAS E TERÁN QUE VER CO MÁIS TRABALALDO NO CENTRO.

 

SOLICITUDE DE MASCARILLAS

O arquivo adxunto tedes que descargalo, cubrilo e entregalo no centro.

a) Non ten que presentar solicitude:O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpraalgunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

O prazo remata o 25 de novembro do 2021

XORNADAS POLA IGUALDADE

No arquivo adxunto podedes ver o cartaz.

NOVO BLOG SEXTO 2021-22

COMEZAMOS CO NOVO PROXECTO DE CINEMA EN CURSO

Cinema en Curso xa está en marcha!

 

Onte en Santiago os alumnos de sexto coñeceron no teatro Pricipal de Santiago, a algúns dos nen@s de Galicia que este ano participan neste ilusionante proxecto.

Compartimos visionados de distintos cineastas: panorámicas do Lumier, travellings de Chantal Akerman,  ou películas de Vittorio de Seta onde se podían ver traballos moi tradicionáis...os alumnos dos distintos centros de primaria e secundaria, participaron comentando as opinións sobre os visionados e desfrutando  de facelo en gran grupo, acostumados a analizalos só na aula, como grupo clase.

Estamos desexosos de vernos de novo ao finalizar o curso, coas nosa películas rematadas podendo cometalas outra vez todos xuntos, falando sobre todo o vivido.

 

 

 

SAMAGOSTÍN

Ameazaba con chuvia, pero aguantou

Polo que  poidemos festexar este día, con disfraces de medo, comendo castañas, bailando nas aulas, xogando a xogos populares e sacando fotos no fotocall da castañeira.

Distribuir contido