Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

 


ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".


  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 

O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
 
  Un momento da estrea no CGAI

  

2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid
 
 
 
 Os nenos co director de cine Fernando Trueba
 


3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.


Un momento da estrea no CEIP A Rúa



En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.



4. Making Off (Imaxes)

Libros de texto para o curso 2015-2016

LIBROS DE TEXTO (2015-2016)

1º curso
- Matemáticas: Aula Activa 1º, ED. VICENS VIVES
ISBN: 978-84-682-2028-4.
- Estrelamar- Proxecto Saber Facer 1º, ED. SANTILLANA.(Lingua, Ciencias da Natureza, e Sociais).
ISBN:978-84-9972-414-0.

2º curso
- Matemáticas: Aula Activa 2º, ED. VICENS VIVES.
ISBN:978-84-682-2834-1.
- Estrelamar- Proxecto Saber Facer 2º, ED. SANTILLANA.(Lingua, Ciencias da Natureza, e Sociais).
ISBN:978-84-9972-947-3.

4º curso
- Matemáticas: Matemáticas 4, Aula Activa, ED. VICENS VIVES
ISBN:978-84-682-2881-5.
- Lingua Galega: Lingua 4.Aprender e crecer en conexión, ED. ANAYA.
ISBN:978-84-678-8013-7.
Ciencias Sociais: Talentia, ED. EDEBÉ-RODEIRA
ISBN:978-84-8349-414-1.
- Ciencias Naturais: Talentia, ED. EDEBÉ-RODEIRA
ISBN:978-84-8349-413-4.
- Dicionario de Lingua Galega.

Nota: A lista de materiais será facilitada polos titores/as en setembro.

Axudas para libros de texto no curso 2015-2016

Publicouse a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:

* Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

* Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.

Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:

"Brinca vai" (Versións do CEIP A RÚA)

Neste vídeo os nenos e nenas do CEIP A RÚA interpretan algunhas das cancións do libro CD "BRINCA VAI" de Paco Nogueiras, que actuou no noso centro con motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS. Esperamos que vos gusten!!

Y dejó escapar sus ojos

O pasado xoves 7 de Maio, María veu lernos un conto que se titulaba “Y dejó escapar sus ojos”; o conto trataba dunha rapaza, Violeta, que era florista, tamen dito, “estilista de flores”. Un dia foi a unha festa e coñeceu un rapaz que lle gustaba pero o rapaz tan só lle dixo: “Me gustan tus ojos porque son bonitos”, e foise. Violeta entristeceuse porque nunca chegaba o seu amoriño pero, cando xa pasara páxina, chegoulle unha carta del e, ela tan só dixo: NON. Xa se cansara de esperar e aprendeu a quererse a si mesma e ser feliz coas cousas que lle gustaban.


María léndonos o conto

Autor: Adrián, 5º Primaria

Probas de avaliación individualizada para o alumnado do 3º curso de primaria

A Consellería de Educación convoca a proba de 3º de primaria, que non terá efectos no expediente académico dos alumnos e servirá para mellorar a calidade educativa.
 
A proba realizarase os días 27 e 28 de maio e nela participarán arredor de 22.000 nenos e nenas de todos os centros educativos de Galicia.
 
Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelá.
 
Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
 
Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, dos alumnos e dos seus pais e titores, polo que en ningún caso se establecerán ránkings de centros.
 
En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular dun alumno.
 

Programa de transición á ESO: Visita ao IES de Rodeira para familias do alumnado

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 17 de marzo, ás 17:30 horas, terá lugar unha charla informativa no IES de Rodeira, dirixida ás familias do alumnado que o próximo curso iniciará os estudos de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria), sobre a organización da actividade educativa no centro e incluirá unha visita guiada polas dependencias do IES. 

Programa de transición á ESO: Charlas para familias do alumnado de 6º curso de primaria

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 10 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar unha charla informativa no noso colexio CEIP A RÚA a cargo da orientadora e a xefa de estudos do IES DE RODEIRA para informalles de todos aqueles aspectos do seu interese en relación co paso dos seus fillos aos estudos de ESO.

Ao remate desta charla informarémoslles tamén sobre o Proxecto “Pensa, crea... Acción!”, que estamos a desenvolver neste curso xunto co CEIP de Magán, de Toledo, e a escola de Bordils, en Girona.

Entroido 2015: programa e coplas

Presentámosvos o programa do desfile de entroido ao que todos e todas estades convidados, e tamén as coplas para que poidades participar.

 

Distribuir contido