Un ano máis quixemos celebrar as Letras Galegas cun festival musical.
"Unidos pola música" continúa a ser o noso lema.
É a música galega a que nos une.
Por iso, o alumnado do cole escolle as súas cancións favoritas en galego para cantalas neste festival.
E, para recordalo, temos este vídeo. Pincha na imaxe e abrirase unha nova ventá:
Se queres ver algunha das actuacións en concreto (ten paciencia para que cargue), avanza cara o minuto:
00:40 - FUN AO MERCADO (4º-5º infantil)
03:30 - XIRAREI NOW (2º primaria)
07:00 - A TORMENTA DOS PASOS ERRANTES (6º EP)
11:30 - O MOUCHO (1º primaria)
14:30 - POBO DE ARTISTAS (4º primaria)
19:30 - AI! HO! GALEGO (6º infantil)
22:55 - TRIBO (3º primaria)
26:40 - AIRE (5º primaria)
30:30 - TATARAVOA (profes e alumnado)