Skip to Content

BENVIDOS/AS AO NOSO COLEXIO

CEIP DE ARTEIXO

AVDA. ARSENIO IGLESIAS 33B -15142 ARTEIXO

TLF: 881 96 01 93

CORREO DO CENTRO: ceip.arteixo@edu.xunta.gal

CORREO ADMINISTRACIÓN: administracion@ceipdearteixo.org 

 

MAGOSTO 2024

SAMAÍN NO CEIP DE ARTEIXO

Días non lectivos

IMPORTANTE: CAMBIO NAS ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir de hoxe, luns 28 de outubro, a entrada e saída do alumnado do centro que asiste a calquera das actividades extraescolares, en horario de 16:00 a 18:00 horas, farase polas portas principais, situadas na Avenida Arsenio Iglesias.

Prégase consultar con atención a folla adxunta. Acceso á información.

SAMAÍN 2024

 

AVISO ADMINISTRACIÓN VENRES 4 DE OUTUBRO

A administración do centro permanecerá pechada mañá día 4 de outubro. O horario de atención telefónica será de 9:30 a 11:15 horas.

Desculpen as molestias.

INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE LINGUA ÁRABE E CULTURA MARROQUÍ (PLACM): CURSO 2024-2025

Desde hoxe e ata o vindeiro mércores 9 de outubro, queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de lingua árabe e cultura marroquí.

Para efectuar a inscrición o alumnado interesado poderá entregarlle a solicitude á súa titora ou titor debidamente cumprimentada.

Os impresos de solicitude poderán solicitalos en administración ou ben descargalos: Aquí. 

É importante que se informen das normas de participación da actividade.

Os criterios para a recollida do alumnado serán os mesmos que na actividade lectiva. Se os/as pais e nais do alumnado precisan autorizar a outra persoa para recollida dos seus/súas fillos/as, deberán cumprimentar debidamente a folla de autorizacións e entregala ao seu/titor ou en administración.

Plan Corresponsables

A Xunta de Galicia, a través do Plan Corresponsables,  fomenta a conciliación e igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos de ata 16 anos de idade. Este plan fomenta o deporte base e a adquisición de hábitos saudables grazas aos beneficios do deporte para a saúde física e mental.

O Judo Club Arteixo está ligado ao Plan Corresponsables e neste senso e coa finalidade de promocionar o judo entre os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e aos 16 anos, permite beneficiarse  durante un mes de judo de balde.

Requisito: poñerse en contacto co responsable da actividade, antes do día 5 de outubro para poder aproveitar este convenio.

Contacto do responsable: Iván, tlf. 678 71 18 25

Distribuir contido


by Dr. Radut