INFANTIL: INFORMACIÓN INICIO DO CURSO 20/21
Bos días familias, son a profe Paula e douvos a benvida a este inicio de curso tan atípico.
Infórmovos de que as clases darán comezo o día 10 para 4º e 5º (3 e 4 anos) e o día 11 para 6º (5 anos).
A reunión de inicio de curso será o MARTES día 8 ás 13h na Biblioteca da Escola, nesta reunión informarase dos seguintes puntos entre outros:
-Normas xerais do Centro
-Normas específicas de Infantil
-Resumo das medidas Covid-19 que afectan a esta etapa.
Este curso como novidade non se fará a aportación de diñeiro para a compra de material como nos últimos cursos; cada familia será a encargada de comprar a lista de material que se lle proporcione o día da reunión.
NOTA: só pode acudir unha persoa por alumno/a e que cada un traia o se propio bolígrafo por se houbese que cubrir algúns datos. Un saúdo e vémonos o próximo martes.