Tarefas 8 ao 12 de xuño. 1º Ciclo
Ola a tod@s!!
Entramos na recta final deste curso tan raro! Esta é a última semana que vos propoño algo para facer, posto que xa estamos a piques de rematar.
Ben sei que foi todo moi difícil, moi especial pero o que sei é que traballastes moito e que se nos quedaron cousiñas se facer, xa se farán o vindeiro curso, que non vai haber problema.
Mirade, gustaríame, se pode ser que esta semana, todos e todas vos comprometérades a facerme dúas tarefas:
* Un dictado (pedídelle a alguén que vos axude a facelo), pero que non vos digan nada de nada, sin trampas, Vos facede o dictado e deixádelo como vos saia. Que non vos corrixan nadavake? Solo que vos dicten. O dictado é o que vai adxunto.
* De mates, facede as contas que vos adxunto tamén neste documento. Facédeas fixándovos vale?
Bueno pois nada mais como vos dixen, intentade por favor, facerme esas fichiñas todas e todos.
Nada mais, que me gustaría vervos, falar con vos, darvos un abrazo e un bico, pero creo que teremos que agardar ata setembro.
Un abrazo enorme.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Mates.pdf | 121.91 KB |
Dictado.pdf | 100.13 KB |