Inicio do proceso para a renovación dos Consellos
Escolares 2024-2025
A RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece as datas para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar.
As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranseentre os días 18 e 22 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos.
A Xunta Electoral, regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, constituirase entre os días 22 e 28 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos.
O martes, 15 de outubro procederase á publicación no taboleiro de anuncios do Centro e a través de Abalarmobil, da data e hora no que se realizará o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.
Animamos a todos e todas a participar neste proceso electoral e presentar candidaturas.