Skip to Content

Orientación

XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA UNHA XORNADA DE BENESTAR EMOCIONAL

PODEDES INSCRIBIROS NO ENLACE

CURSO 2024/2025

Estreamos un novo curso e desde o CEIP Plurilingüe Arealonga seguimos apostando por unha educación inclusiva.

O Departamento de orientación é un servizo de atención ao alumnado e asesoramento ás familias e ao profesorado da nosa comunidade educativa.

Durante este curso formarán parte do Departamento as seguintes mestras

- Especialistas en Pedagoxía Terapéutica

Ana Mª Rodríguez Noya

Xulia Suárez Sánchez

- Especialista en Audición e Linguaxe

Casilda Sampedro Pérez

- Orientadora

Mª Concepción de las Fuentes Villanueva

Para calquera dúbida o teléfono de contacto directo é o 886151835, ou ben chamar ao teléfono xeral do colexio 886151840 extensión 51835.

Tamén temos un email: orientacionarealonga@gmail.com

BO CURSO A TODOS E TODAS!!!!

CORAL ELIZONDO NO CEIP AREALONGA

Coral Elizondo

 

Coral Elizondo – Coral Elizondo, experta en innovación educativa

 

O vindeiro martes teremos o privilexio de poder escoitar á prestixiosa pedagoga, profesora no Máster de Neuroeducación Avanzada da Universidade de Barcelona, formadora de docentes e familias sobre distintos temas, sobre todo, relacionados con la educación inclusiva.

Non o perdades

 

BECAS NEAE

O 19 DE ABRIL DE 2024 PUBLICOUSE A CONVOCATORIA DAS BOLSAS NEAE PARA O CURSO 2024-2025

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES É DO 30 DE ABRIL AO 13 DE SETEMBRO DE 2024

TEDES INFORMACIÓN DE COMO SOLICITALA NO ENLACE:

BECAS NEAE CURSO 2024/25

E PARA ACCEDER A SEDE ELECTRÓNICA CLICADE NO ENLACE:

SEDE ELECTRÓNICA

AS EMOCIÓNS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POR COCAN, E COA INTERVENCIÓN ASISTIDA CON CANS APRENDERON EMOCIÓNS, LERON UN CONTO E SE RELAXARON.

FOI MOI DIVERTIDA E OS NENOS E NENAS DISFRUTARON MOITO COA VISITA DESTES ANIMALIÑOS!!

OBRDOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

EN COLABORACIÓN CO SPAD DE VILAGARCÍA DE AROUSA, O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUNS OBRADOIROS PARA REFLEXIONAR SOBRE A PUBLICIDADE, DE CARA A FOMENTAR UN CONSUMO RESPONSABLE.

OBRADOIRO NOVAS MASCULINIDADES

EN COLABORACIÓN CO CIM DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DESENVOLVEMOS CON ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA UNS OBRADOIROS PARA FALARMOS DE IGUALDADE E REFLEXIONAR SOBRE OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO E A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS, IMPARTIDO POLO PROFESOR DA USC E EXPERTO EN IGUALDADE, JORGE MARÍN

IGUALDADE: LOITA DAS MULLERES DO SÉCULO XX

DENTRO DAS ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 8-M E PARA REINVINDICAR A IGUALDADE HOMES/MULLERES, CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE MONTSE FAJARDO PARA FALARMOS DO PAPEL DAS MULLERES NO SÉCULO XX, ESPECIALMENTE NA REINVINDICACIÓN DOS SEUS DEREITOS NA POSTGUERRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut