Skip to Content

4º Curso

Ven ao cole en bici ou patinete: Estreamos aparcadoiro.

Está a túa familia cansa  de non atopar sitio para aparcar cando te traen ao cole? Pois vinde en bici ou patinete e utilizade o este estupendísimo aparcadoiro. Animádevos.

Pincha na foto para despregar o albúm.

Álbum: Sen categoría -> Bicis no patio: Aparcadoiro Vaibike

MULLERES NO DEPORTE

DENTRO DO NOSO PLAN DE IGUALDADE E DO PROXECTO "MULLERES NO DEPORTE" VISITOU O NOSO CENTRO A TIRADORA DE ESGRIMA ARACELI BUGALLO.

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PUIDERON COÑECER ESTE DEPORTE A PARTIR DAS EXPLICACIÓNS E AS PRÁCTICAS LEVADAS A CABO POR ESTA CAMPIOA INTERNACIONAL E DESTE XEITO PRETENDEMOS IMPULSAR A IGUALDADE DE XÉNERO NA PRÁCTICA DAS DIFERENTES MODALIDADES DEPORTIVAS.

CONVIVENCIA

OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO IMPARTIDO POLA PSICÓLOGA E MEDIADORA JENNIFER HERBÓN NO QUE APRENDERON QUE É A CONVIVENCIA E COMO PODEMOS MELLORALA AFRONTANDO OS CONFLITOS QUE APARECEN DÍA A DÍA.

 

HABILIDADES SOCIAIS CON CANS

OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA APRENDERON A TRABALLAR COMO GRUPO E A DESENVOLVER HABILIDADES SOCIAIS GRAZAS A AXUDA E INTERVENCIÓN DOS CANS DE COCAN E AS SÚAS ADESTRADORAS.

A COLABORACIÓN, A ESCOITA, A AXUDA SON ALGUNHAS DAS HABILIDADES SOCIAIS QUE SE TRABALLARON NESTE OBRADOIRO.

 

VISÍTANOS JESSICA BOUZAS

DENTRO DO PLAN DE IGUALDADE E DO PROXECTO "MULLERES NO DEPORTE" HOXE VISITOUNOS JESSICA BOUZAS, XOGADORA PROFESIONAL DE TENIS E ANTIGA ALUMNA DESTE COLE.

EXPLICOUNOS A SÚA CARREIRA DEPORTIVA E FÍXEMOSLLE PREGUNTAS SOBRE A SÚA VIDA E SOBRE AS COMPETICIÓNS DE TENIS. FOI MOI DIVERTIDA E GUSTOUNOS MOITO A SÚA VISITA!!

25-N

OS NENOS E NENAS DE CUARTO

CONMEMORAN O 25-N

25-N

AS NENAS E NENOS DE CUARTO MANIFÉSTANSE

CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Distribuir contido


by Dr. Radut