O alumnado de sexto nivel do CEIP Arealonga organizou unha feira para recaudar diñeiro co fin de donalo a asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Querían botarlles unha man para seguir coidando dos nosos bosques trala desgraza que ocorreu este curso 2017-2018 pola culpa dos incendios en Galicia.
Gracias aos postos de comida e os de xoguetes feitos con material reciclado e ca organización de actividades e xogos conseguiron reunir 654,42€. Todos eles donados para a conservación das nosas árbores.
Ao longo deste curso académico 2014-2015, poñemos en práctica no noso centro, o proxecto Voz Natura. No mes de novembro as aulas de 6ºA, 6ºB e 6ºC, fixemos unha saída a Cambados para ver de preto a vida das mariscadoras e redeiras. Aprendemos moito grazas ás explicacións QUE AS TRES MARISCADORAS, puideron explicarnos. Visitamos a lonxa.