ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024
Procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.
· Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo
Solicitude admisión e Anexo II Bis en galego.
Solicitud admisión y Anexo II Bis en castellano.
Xunto a solicitude e o anexo hai que entregar:
- Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
- De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.
· O formulario de solicitude pode presentarse:
- Na secretaría do centro, en horario de 09:30 a 11:00 e 12:45 a 13:45 Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación indicada arriba.
Outra información de interese:
- Vacantes ofertadas.
- Área de influencia do CEIP Arealonga.
- Criterios de baremo.
- Número para resolver o empate na puntuación baremo admisión 2023/2024
- Cálculo da renda no apartado de baremo.
Manual para as familias.para cumprimentar a solicitude de admisión.
Calendario do proceso
⇒ Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
⇒ Número de desempate na puntuación final de admisión no curso 2023/2024.
⇒ Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
⇒ Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).
⇒ Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 21 de marzo ao 11 de abril.
⇒ Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
⇒ Reclamación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)
⇒ Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
⇒ Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.
⇒ Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño, (en xuño publicaremos máis información sobre este punto).
⇒ Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)
Normativa
DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I
Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).
Máis información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/