Skip to Content

Escolares

XORNADAS MULTIDEPORTIVAS CON 4º DE PRIMARIA. VISITA COLEXIO OS SOMASCOS DE CALDAS

Recibimos  a visitado alumnado do Colexio Somascos de Caldas, unha xornada chea de actividade física,deportividade e novos amig@s.

Álbum: Educación Física -> Xornadas multideportivas Somascos Caldas Marzo 2024

ESCOLA DE FAMILIAS: EDUCAR DENDE O RESPECTO

Unha vez máis contaremos coa psicóloga Jennifer Herbón Otero, experta en disciplina positiva, para este obradoiro, dirixido ás familias, no que teremos a oportunidade de abordar temas  respecto á educación dos máis novos e como enfrentarmos, dunha maneira positiva e eficiente, ao reto diario que eso supón.

Esperámosvos.

Educar no respecto

FROITA NA ESCOLA

Desfrutando moito da nosa participación neste programa. Non vos perdades a galeria de fotos.

Froita escolar

Álbum: Educación Física -> FROITA FRESCA NA ESCOLA (Xaneiro 2024)

EXPOSICIÓN XOGOS TADICIONAIS NOVEMBRO 2023

 Unha nova edición da exposición de xogos tradicionais para celebrar o magosto deste ano, con novos xogos e sorpresas, pasámolo xenial!!!!!

 

Xogos Tradicionais Novembro 2023

25 N

O CEIP AREALONGA GRITA NON A VIOLENCIA CONTRA AS  MULLERES!!

 

CAMPAMENTO DE NADAL (3 a 7 anos)

Información do Campamento de Nadal 23-24, convocado polo Concello, que terá lugar no CEIP Arealonga e que está destinado a nenos e nenas de tres a sete anos.

 Bases

Solicitude

 Campamento de Nadal

FESTA DA BICICLETA OUTUBRO 2023

Os nosos agradecementos a:

Concello, La Voz, Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Club Triatlón Vilagarcía, Club Trotacumes, Arousa en Bici, Ciclo de Actividades Deportivas do CIFP Fontecarmoa, Vegalsa-Eroski, Larsa, Moto Bazar, Arousa Bikes, Catro Cumes, Rodas

Grazas por un día moi divertido

 

Festa da bicicleta outubro 2023

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN (convocados polo Concello)

Campamentos de verán Concello

O Concello  convoca os CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2024, programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

Modalidades

O servizo presentará dúas modalidades:

• SERVIZO DE CAMPAMENTO URBANO: con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 9.00 a 14.00 h (con PLAN MADRUGA en horario de 8.00 a 9.00 h. para aqueles solicitantes que o demanden expresamente)

• SERVIZO COMPLEMENTARIO DE COMEDOR. Destinado aos/ás menores que o soliciten, en horario de 14.00 h a 15.00 h. (ver anexo IV, incluido no enlace informativo)

Máis información neste enlace:

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut