Seguimos a recibir no noso cole, dentro do noso Plan de igualdade, a visita de deportistas para visibilizar o papel da muller na práctica de diferentes disciplinas deportivas, eliminando calquer tipo de estereotipo de xénero.
Nesta ocasión foi Aroa Paulos, taekwondista galega, quen nos fixo unha demostración deste deporte ao alumnado de 6º de Educación Primaria e animou a nenos e nenas a practicar esta disciplina deportiva.