Skip to Content

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN

Ola a tod@s!

Nesta situación tan complicada nas que pode xurdir tensións na casa, a ben seguro nos virán ben unhas técnicas para relaxarnos en familia.

Que  faremos?   Realizaremos  unha  sesión  aplicando  a   Técnica  de  Koeppen,  porque  os  exercicios  son   divertidos  e  moi  doados  de  facer.  Está  baseada   na  tensión  e  distensión  dos  diferentes  grupos   musculares. 
     
Para  que?   A  ansiedade,  o  estrés,  o  medo…  poden  ser  habituais  agora  mesmo,  algúns  rapaces   e  rapazas  os  manifestan  e  outros  non.  Para  romper  coa  tensión  de  todo  o  día.    

Cando  o  faremos?   Sería bo que  o  fagades  pola  noite,  antes  de  ir  para  cama.      

Con  quen?   Nos  permitirá  compartir  un  momento  en  familia.  En  ningún  caso  debe  resultar  unha   tarefa  aburrida.     

Onde?   En  calquera  sitio  no  se  que  se  poidan  tombar  comodamente.  Podedes  poñer  unha   música  de  fondo  suave  e  relaxante.    

Como?  Cos exercicios que contén a páxina e que deben repetirse tres veces. Mans e brazos coa técnica do limón. Brazos e ombreiros coa técnica do gato. Ombreiros e pescozo coa técnica da tartaruga.

Animádevos e disfrutade da experiencia no seguinte enlace

RELAXACIÓN KOEPPEN!!


  



blog | by Dr. Radut