Skip to Content

VOLTA AO TRABALLO

Bo día a todas e todos! Despois duns días de descanso polas vacacións de Semana Santa cómpre volver a rutina e a retomar as tarefas escolares.

 

Non esquezades que é moi útil facer un horario semanal coma o do colexio, que podería ser asi:

9-10 horas: erguerse, lavarse, vestirse, almorzar

10-11h: axuda na casa (facer a cama, recoller a roupa, a habitación...)

11-12 h: traballos escolares

12-12:30: un pouquiño de actividade física

12:30-13:30: rematar as tarefas escolares, manualidades, lectura...

Despois tedes a tarde para xogar, facer máis exercicio, ler, escoitar música...

É importante instaurar rutinas, nas que se inclúa o traballo académico, para que non perdades o ritmo e vos sexa máis fácil a volta ao colexio. Tamén podedes aproveitar estes días para que a familia faga plans dentro da súa casa,exemplo: manualidades, nas que poñan en práctica a vosa creatividade e imaxinación, xogos de mesa, receitas de cociña... E cando sexan as oito da tarde saír ás fiestras para dar as grazas a todas as persoas que nos coidan: médicos, enfermeiras, policía, limpadores, traballadores de supermercado...

 

Hoxe, desde este blog, tamén quero dar as grazas os voluntari@s de Cáritas e do Concello porque van levar as tarefas escolares aos nenos e nenas que non teñen internet, para que non perdan o ritmo das clase e podan repasar coma tod@s. E tamén agradecer o traballo das titoras que aportaron todo este material tan necesario.

Entre todos e todas imos saír desta situación moito máis fortalecid@s. Así que a seguir traballando.

 

Finalmente, para calquera dúbida ou axuda que precisedes do Departamento de Orientación contactade con nós no correo: orientacionarealonga@gmail.com

 



blog | by Dr. Radut