Skip to Content

ACABA O TRIMESTRE

 Hoxe chegaron as notas da segunda avaliación á casa a través do móbil e comezamos as vacacións de Semana Santa.

Estas van ser unhas vacacións diferentes nas que toca estar en casa, coa familia e aproveitar para facer cousas diferentes: decorar con debuxos da primavera a nosa habitación, aprender a cociñar larpeiradas e pratos saborosísimos, descubrir novos xogos ou inventalos, ordenar fotos da familia e lembrar bos momentos de viaxes,escribirlle unha carta a un compañeiro/a para contarlle o que estamos a facer e, sobre todo, para protexernos quedando en casa. Non esquezades lavar moito as mans con xabón para ter o Super-Poder de protexernos contra este bicho feo e se tod@s quedamos na casa ese virus farase débil, irá perdendo forza, e deixará de facer dano á xente que queremos. Este é un traballo en equipo que temos que facer entre tod@s para acabar con este coronavirus e poder saír de nova á rúa, ao colexio, ao parque, á praia...

 

 

Ao longo destes días continuaremos subindo contidos e actividades a este blog e lembrade que para calquera dúbida tedes o correo electrónico: orientacionarealonga@gmail.com

 



blog | by Dr. Radut