Estimadas familias,
Desde o 2º nivel e, con motivo desta situación excepcional, recomendamos que os nenos e nenas realicen durante este período de tempo:
-
LENGUA e LINGUA: actividades de lectura, escritura (facer un diario, receitas, correos electrónicos a amigos e amigas, descricións de animais ou persoas, contos,... -Unha actividade distinta cada día-). Ademais en Lingua incluimos actividades de comprensión en formato PDF e tamén podedes ver en familia o programa DÍGOCHO EU da TVG, a través da rede.
-
MATEMÁTICAS: é aconsellable realizar tarefas de cálculo (sumas e restas con levadas), traballar a hora e os minutos (en formato dixital e analóxico), lectura e escritura de números,...
-
En CC SOCIAIS e NATURAIS estamos a traballar os ecosistemas e os animais, principalmente os vertebrados, polo que sería moi interesante aproveitar as horas de lecer para realizar algún traballo – como o lapbook ou máis sinxelo- e tamén para ver documentais sobre estos temas (os realizados pola BBC atlas audiovisual son moi recomendables).
- Para practicar inglés: visionado videos en YOUTUBE de cancións sinxelas para practicar a escoita e a pronuncia: SUPERSIMPLE SONGS, DREAM ENGLISH KIDS, KIDS TV 123, SPEAKABOOKS... son algunhas das que usamos na clase e resultaran coñecidas.
Poddedes descargar PDF máis abaixo.
Esperamos que todo volva á normalidade o antes posible.
Un saúdo
As mestras de 2º
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ACTIVIDADES COMPRENSIÓN DE TEXTOS EN LINGUA GALEGA 2º.pdf | 442.55 KB |