Seguindo as recomendacións da Consellería de Educación ante a imposibilidade de acudir o alumnado ás aulas e na procura de minimizar o contacto entre as persoas, as titoras de 1º de EP, para que os nenos e as nenas non perdan o hábito adquirido, facemos as seguintes recomendacións de traballo na casa:
- Para practicar a lectoescritura podedes visitar a páxina web www.actiludis.com e descargar diferente material.
- Procurade que os nenos e nenas fagan lecturas diarias.
- Para favorecer a expresión escrita: escribir pequenos contos, un pequeno diario do que fan cada día, cartas aos compañeiros que repartiran á volta ...
- Para practicar as matemáticas: ditados de números ata o 90, anterior-posterior, ordenar de maior a menor, de menor a maior, cónteos de obxectos....
- Para practicar inglés: visionado videos en YOUTUBE de cancións sinxelas para practicar a escoita e a pronuncia: SUPERSIMPLE SONGS, DREAM ENGLISH KIDS, KIDS TV 123, SPEAKABOOKS... son algunhas das que usamos na clase e resultaran coñecidas.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Mestras 1º curso CEIP Arealonga.