Skip to Content

KM POLA IGUALDADE

O día 19 de abril realizamos no recinto escolar unha carreira na que participou todo o alumnado do centro, dende os nenos e nenas de Educación Infantil ata os de 6º nivel de Educación Primaria, e tamén os mestres e o persoal do colexio. ​

Con esta actividade iniciamos o proxecto DÁME IGUAL co que queremos demostrar que, independentemente da idade, do sexo e da condición física, estamos dispostos a esforzarnos para conseguir un mundo mellor e máis igualitario cas nosas accións, unha igualdade real.

As xeracións futuras veñen con moitas forzas e moitísimas ganas de demostrar que se nos esforzamos e traballamos xuntos respectándonos, podemos facer grandes cousas.

Aquí deixamos o video, pero ATENTOS! HABERÁ MÁIS...



blog | by Dr. Radut