Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os AnexoI e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 CALENDARIO

TRÁMITES

PRAZO

Presentacion de solicitudes

Ata o 21 de xuño

Publicación listaxes provisionais

 8 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

 11 e 12 de xullo

Publicación das listaxes definitivas

 16 de xullo

Entrega vales axudas libros e material

 Mes de setembro

Entrega libros do Fondo Solidario

Na aula, ao inicio do curso

AdxuntoTamaño
20240520144641792.pdf343.23 KB


blog | by Dr. Radut