Skip to Content

DÍA DA INTERNET SEGURA

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) súmase ao Día Intenacional da Internet Segura.

O CPEIG recorda algunhas medidas básicas de protección para mitigar os riscos e protexer os datos persoais e profesionais. Estas son algunhas das medidas destacadas:

  • Sentido común. A prudencia é a mellor barreira contra o malware (software malicioso).
  • Actualiza o sistema operativo e aplicacións. Todos os sistemas operativos contan con ferramentas para manter actualizados os seus equipos.
  • Instala un bo antivirus. É unha ferramenta imprescindible para un correcto funcionamento dos equipos cando estean conectados a Internet. 
  • Coida os contrasinais. A regra de ouro para estar seguro en liña é contar cun contrasinal aleatoria forte e distinta para cada sitio web, especialmente para uso nos destinados a banca en liña e comercio electrónico.
  • Precaución coas redes Wi-Fi públicas. Os puntos de acceso a internet sen fíos e gratuítos estendéronse por múltiples espazos pero son altamente inseguras.
  • Engade controis parentais. Os máis pequenos tamén se conectan a internet. Así que deben estar advertidos sobre as ameazas que poden atoparse en liña.
  • Usa as redes sociais con cabeza. Os usuarios de redes sociais deben ter coidado co que comparten nelas, xa que non é conveniente compartir información persoal, incluíndo imaxes privadas, direccións postais ou números de teléfono, levando un control exhaustivo das amizades e en redes sociais.

No adxunto tedes un conto destinado a nenos e nenas de entre sete e doce anos no que se mestura narración e ilustración. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico os perigos da rede e os segredos da ciberseguridade. Esta publicación achega aos máis novos valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet. 

 

AdxuntoTamaño
conto_ciberseguridade_con_sofia.pdf6.92 MB


blog | by Dr. Radut