O Concello convoca os CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2024, programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.
Modalidades
O servizo presentará dúas modalidades:
• SERVIZO DE CAMPAMENTO URBANO: con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 9.00 a 14.00 h (con PLAN MADRUGA en horario de 8.00 a 9.00 h. para aqueles solicitantes que o demanden expresamente)
• SERVIZO COMPLEMENTARIO DE COMEDOR. Destinado aos/ás menores que o soliciten, en horario de 14.00 h a 15.00 h. (ver anexo IV, incluido no enlace informativo)
Máis información neste enlace: