Skip to Content

Orientación

CIBERSEGURIDADE

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unha charla de ciberseguridade, organizada pola Afundación e impartida por Bernardo Viqueira, na que se explicaron os riscos da nosa pegada dixital nas redes sociais e no acceso a programas e contidos informáticos.

VISÍTANOS JESSICA BOUZAS

DENTRO DO PLAN DE IGUALDADE E DO PROXECTO "MULLERES NO DEPORTE", HOXE COÑECIMOS A JESSICA BOUZAS, TENISTA PROFESIONAL QUE ESTUDOU NO NOSO COLE.

FOI UNHA VISITA MOI BONITA E APRENDEMOS MOITAS COUSAS DE TENIS!!

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NO FOGAR

En Cruz Vermella están a desenvolver o proxecto "Apoio á Parentalidade Positiva" destinado a familias con nenos, nenas e financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo é fortalecer ás familias e capacitalas para poder realizar a sua labor de xeito efectivo. 

 

No marco deste proxecto convidanvos a participar o sábado 20 de novembro de 10:00 a 11:30 horas ó seminario on line en directo sobre "Resolución de conflictos", que será impartido por Juan Manuel Romero, psicólogo especialista en trauma e disociación da personalidade.  

Para participar hai que inscribirse neste enlace: https://forms.office.com/r/utcEfY0meC antes do venres 19 de novembro. Logo enviaranvos o código de acceso e unhas sinxelas instrucións.  

4 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

Hoxe conmemórase o día internacional contra a violencia e o acoso escolar.

En España, cerca do 17% dos alumnos/as de 15 anos sufriron algún tipo de acoso escolar, segundo o recolle o Informe Pisa de 2018.

Calquera que sufra acoso escolar ou sexa testemuña dun caso pode dirixirse ao teléfono de axuda 900 018 018 do Ministerio de Educación. É un servizo gratuito, anónimo e confidencial, que está operativo as 24 horas do día, todos os días do ano, para toda España e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais e avogados, xestionado pola fundación ANAR.

PROXECTO EMPATIZA

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria aprenden a resolver conflitos e traballan habilidades sociais como a empatía ou a escoita activa,  coa finalidade de mellorar a convivencia no centro.

Este é un proxecto para a formación do alumnado de 5º de EP en resolución pacífica de conflitos que desenvolemos en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa.

APRENDER XOGANDO

Unha boa forma de aprender é xogando. 

Agora que comeza o outono e os días son máis curtos, que non podemos saír ao parque a xogar, podemos recurrir na casa a xogos online gratuitos cos que podemos aprender matemáticas, vocabulario, traballar a atención ou  a memoria, ou mesmo aprender mecanografía.

Tanto na páxina de VEDOQUE como en MUNDOPRIMARIA, tedes moitísimos xogos agrupados por niveis educativos e por áreas cos que podedes divertirvos e aprender. Picade neses enlaces e facede a proba de aprender xogando.

 

BECAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

NO  BOE DO 2 DE AGOSTO DE 2021  ESTABLÉCENSE  AS BASES PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO.

A PRESENTACIÓN E SOLICITUDE DAS MESMAS DEBE FACERSE POR INTERNET NA PÁXINA www.educacionyfp.gob.es OU EN SEDE ELECTRÓNICA.

O PRAZO ESTARÁ ABERTO ATA O 30 DE SETEMBRO.

A DOCUMENTACIÓN CUMPRIMENTADA ENTREGARASE NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP AREALONGA, PARA QUE SEXA REXISTRADA, REVISADA E REMITIDA  Á INSPECCIÓN EDUCATIVA.

SÓ PODERÁN ACCEDER A ESTAS AXUDAS ALUMNOS/AS CON DISCAPACIDADE, TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA, TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA, TDAH  OU TRASTORNOS GRAVES DE COMUNICACIÓN E DE LIINGUAXE ASOCIADOS A NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

PODEN CONSULTAR MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE  (BECAS Y AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD DE APOYO EDUCATIVO. MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL)

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Ola a todos e todas!

Comezamos un novo curso, o 2021/2022, con moita ilusión e ganas de aprender cousas novas. 

Aínda non podemos esquecer que seguimos en pandemia e temos que coidarnos moito, mantendo as rutinas que aprendemos o curso pasado de distancia, lavado de mans, máscara...

Seguro que este vai ser un curso máis tranquilo e seguro que o  pasado se todos e todas continuamos sendo respectuosos/as coas medidas de protección e hixiene.

Vémonos o 9 de setembro!!

ALUMNADO DE 6º DE ED.PRIMARIA

Xa está na páxina web do IES Castro Alobre a información para a matrícula no curso 21-22. O máis importante son os días preferentes para a matrícula e o impreso de matrícula de 1º de ESO. 

Os días preferentes para a matrícula son:

- 1 de xullo: Arealonga e Escardia
- 2 de xullo: A Lomba e admitidos doutros centros

No propio impreso de matrícula, respecto a sección bilingüe hai que ter en conta que actualmente a sección bilingüe en inglés abrangue 2 materias: Educación Física e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Pola súa parte a sección bilingüe en francés abrangue a materia de matemáticas. O criterio que se seguirá para decidir que alumnos/as entran na sección bilingüe será a consulta do seu expediente académico, sendo os expedientes coas notas máis altas que o soliciten os que poderán acceder.

Inicio

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2021 cun programa de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia entre os 9 e 18 anos, ademais de existir prazas de inclusión para persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Tedes toda información na páxina xuventude.net

Oferta de prazas tanto para inclusión como prazas xerais: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/anexos-accion-de-veran. Prazo de presentación ata o 28 de maio de 2021.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut