Skip to Content

Taboeiro de anuncios

NOTA INFORMATIVA ALUMNADO DE 1º CURSO

Benvidas familias!

Comezamos unha nova etapa no CEIP Arealonga!

Debido ás cirscunstancias especiais deste ano académico, non realizaremos reunións informativas presenciais, xa que os protocolos educativos e as autoridades sanitarias así o recomendan, pero sí queremos convidarvos a comezar a participar na vida escolar.

A partir do luns atenderemos ás familias que queiran achegarse ao centro. Co fin de evitar que coincidades moitas persoas á vez, intentade vir atendendo á lista do alumnado da aula:

    o luns as sete primeiras familias da lista(de 11:30 a 13.00 horas) 

    o martes os nenos e nenas entre o número 8 e 14 (de 12:00 a 13.00 horas) 

    o mércores quedaría para os nenos e nenas cos números do 15 ao 21 (de 11:30 a 13.00 horas).

A partir do luns 7 de setembro publicaremos as normas de aula e a lista de material.

O protocolo covid coas medidas hixiénico-sanitarias, así como a organización xeral do centro tamén vos serán presentadas á maior brevidade posible.

    Un saúdo

 As titoras de 1º

TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos as familias do alumnado usuario do transporte escolar que deben cumplimentar o impreso adxunto e entregalo na secretaria do centro o antes posible.

 

Tamén é posible recollelo na secretaria do centro.

 

 SOLICITUDE TRANSPORTE 2020 -2021

LISTAXE DEFINITIVO FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR.

Públicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido no

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA  A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

no tabolerio de anuncios do centro.

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO, SECRETARIA:

10:00 A 13:00 Horas

Para consultas telemáticas, pode acceder á

SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

coa chave 365 ou certificado dixital.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Públicanse hoxe as listaxes provisionais de alumnado admitido no

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA  A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

no tabolerio de anuncios do centro.

Ábrese o prazo de reclamacións, dende hoxe 13 de xullo ata o 15 de xullo.

 

As listaxes definitivas publicaranse o día 16 de xullo no taboleiro de anuncios do centro.

Para consultas telemáticas, pode acceder á

SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

coa chave 365 ou certificado dixital.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Convocado o Fondo solidario de libros e axudas para material escolar.

PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DO CENTRO, PARA A RECEPCIÓN DAS SOLICITUDES, PRÉGASE CONCERTAR CITA PREVIA NO TELÉFONO

886151840

Acceda á información premendo neste enlace

Pódense presentar ata o día 19 de xuño de 2020

ENLACES PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES POR VÍA TELEMÁTICA:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA COA CHAVE 365.

ou na secretaria do centro:

Pódense recoller os impresos na secretaria do centro, PREVIA CITA, ou descargalos no seguinte enlace:

Anexos I e II

HORARIO SECRETARIA:

de luns a venres de

10:00 A 13:00

 

AVISO AO ALUMNADO DE 6º QUE CONTINUE ESTUDOS NO IES CASTRO ALOBRE

O alumnado, de 6º curso do CEIP AREALONGA , que teña praza reservada no IES Castro Alobre para 1º curso da ESO, terá como data preferente de matrícula o 2 de xullo.

Para máis información, deixamos aquí o enlace coa web do IES Castro Alobre

IES Castro Alobre.

Dende ahí poden descargarse os impresos necesarios.

Novos prazos do proceso de MATRÍCULA

 

 

PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DO CENTRO PARA A RECEPCIÓN DAS SOLICITUDES PRÉGASE CONCERTAR CITA PREVIA NO TELÉFONO

886151838

(So alumnado que se matricule por primeira vez no CEIP Arealonga)

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

DO 11 AO 18 DE MAIO

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO: ata o 26 de maio

PUBLICACION DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: antes do 9 de xuño

RECLAMACIÓNS CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS: no prazo de 3 día hábiles contados dende o seguinte ao día da publicación.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS: ata o 26 de xuño.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo.

 Para consultala orde podedes premer noseguinte enlace

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

Para encher e descargar os impresos premede no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

Impreso admisión

Os impresos poden presentarse telemáticamente na sede electrónica con certificado dixital ou imprimilos dende o enderezo anterior e presentalos cubertos na secretaria do centro, con cita concertada previamente.

 As solicitudes, presentadas na secretaria do centro, deben ir acompañadas de:

 - Certificado de matricula do centro de procedencia (agás os que queiran matricularse en 4º curso de educación infantil)

- Fotocopia do libro de familia ou  documento que acredite a idade do alumno.

-  De darse o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e /ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Prégase acudir ao centro con toda a documentación solicitada.

 Só se pode entregar un impreso na secretaría do 1º centro elexido, poñendo este en 1º lugar. De non facelo así perderanse tódalas prioridades.

CEIP AREALONGA

A XUNTA SUSPENDE AS CLASES EN GALICIA

Estimadas familias:

O presidente da Xunta de Galicia acaba de comparecer ante os medios, para anunciar a suspensión de clases en toda a comunidade autónoma de Galicia.

Mañá, venres 13 de marzo, non se recomenda ir a clase, pero o alumnado que asista ao centro estará atendido por persoal docente.

Dende o luns 16 os centros estarán pechados.

Informaremos dende esta web, das novidades que vaian xurdindo asi como da organización das tarefas escolares.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CEIP AREALONGA

Distribuir contido


by Dr. Radut