Skip to Content

Orientación

VOLTA AO COLE

Coa chegada do mes de setembro chega a volta ao traballo, pero tamén ao colexio, un momento de cambio para os nenos/as, que despois duns  meses de vacacións deben volver ás súas obrigas. teñen que modificar de novo os seus horarios, rutinas e actividades, perdendo o tempo libre e afrontar un momento con noticias que poden provocar dúbidas, nervios e mesmo frustración.

Por este motivo, a continuación imos darlle unha serie de consellos que debes ter en conta para que os teus fillos/as volvan ao colexio sen que o vexan como algo negativo.

Sexa un exemplo para eles

Os nenos tenden a imitar as actitudes dos seus pais, Por iso, se ven que é negativo volver ao traballo despois das vacacións, é moi probable que se vexan condicionados por iso e afronten a súa volta ás clases dun xeito máis negativo.

Por este motivo o primeiro que hai que facer é evitar mostrar noxo por volver das vacacións, para que os nenos non poidan percibir que é algo negativo. En moitas ocasións, son os propios pais os que provocan a síndrome postvacacional nos seus fillos, todo polo seu comportamento.

Adaptación progresiva ás rutinas

Volver das vacacións supón volver aos hábitos do resto do ano, polo que hai que restablecer límites no fogar, ao tempo que se restablecen horarios, rutinas e límites. Isto debería facerse dun xeito progresivo, xa que a adaptación pode ser difícil.

De feito, un dos principais problemas aos que se enfrontan os nenos é cambiar de novo os seus horarios, ter que levantarse máis cedo e deitarse máis cedo .Adaptarse ás novas rutinas pode levar ata dez días. É importante que volver ás rutinas diarias coma as do baño, a cea, a lectura ou deitarse cedo, ademais de volver xogar cos seus amigos do colexio.

Fainos parte dos preparativos do novo curso

Outra forma de facer que a volta ao cole sexa menos traumática é facelos parte de todos os preparativos para o novo ano. Isto implica a compra de material escolar, o que lles axuda a ilusionarse co novo material e  axúdalles a motivarse. Ademais poden decorar as libretas co nome, forrar os libros

Escoita os seus medos e preocupacións

Nos días previos ao comezo do curso, así como despois dos primeiros días, é importante que escoites activamente aos nenos, para que poidas ter en conta os seus medos e preocupacións. Deste xeito debes entender ao neno, intentando reforzalo coas túas palabras e interactuar con elas con preguntas para que noten o interese do seu pai ou da súa nai.

Neste mesmo sentido, é importante falarlles de todas as cousas positivas que chegan á escola, como coñecer novos amigos, atoparse cos que xa están, aprender cousas novas, facer excursións...

Organiza o horario semanal co teu fillo/a

A planificación semanal é moi importante para unha transición suave de regreso á escola. Por este motivo, recoméndase organizar xunto con el os novos horarios semanais, horario no que se deben marcar as horas de deitarse, levantarse, merenda, cear, actividades ao aire libre, tempo de estudo e tempo libre.

Espero que estes consellos sexan útiles de cara a ter un bo inicio desta nova andadura escolar.

RECORDATORIO BECAS NEAE

Lembrade que segue aberto o prazo para solicitar as becas NEAE ata o 30 de setembro de 2022.

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Unha vez que cubrades a instancia, impirmiredes o formulario da solicitude (PDF) e xunto co informe do gabinete que vai a prestar o apoio pedagóxico e/ou logopédico, tedes que presentalo no colexio ou ben no centro educativo no que vaia estudar o neno/a, no caso de alumos/as que pasen ao instituto.

Tedes información no enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 E o enlace para solicitalas é

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

BECAS NEAE

Xa se poden solicitar as Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Estas axudas poderán solicitarse do 19 de maio ao 30 de setembro do 2021

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Unha vez que cubrades a instancia, impirmiredes o formulario da solicitude (PDF) e xunto co informe do gabinete que vai a prestar o apoio pedagóxico e/ou logopédico, tedes que presentalo no colexio ou ben no centro educativo no que vaia estudar o neno/a, no caso de alumos/as que pasen ao instituto.

Tedes información no enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

E o enlace para solicitalas é

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. facilitando a conciliación laboral das familias.

Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos ?Coñece Galicia?, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas.  O prazo de presentación solicitudes abrirase, para unha parte dos programas, o próximo mércores 18 de maio.

Como xa ocorreu nas campañas precedentes, a Campaña de Verán da Xunta de Galicia realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade que sexan precisas, e tendo presente tamén o actual escenario tras a aprobación do Real Decreto 286/2022, de 19 de abril. 

Máis información no enlace de abaixo:
 

 

 

MÁIS MULLERES NO DEPORTE

Rematamos co plan de igualdade deste curso visibilizando o papel da muller no deporte e esta semana visitounos Siña Abeijón, a mítica capitana do Cortegada, que contou a súa experiencia no mundo do baloncesto, animou a nenos e nenas a practicar este deporte e fixo coa rapazada de educación infantil, 1º e 2º de primaria, un minientreno para motivalos a xogar ao baloncesto.

IGUALDADE NO DEPORTE

Seguimos a recibir no noso cole, dentro do noso Plan de igualdade, a visita de deportistas  para visibilizar o papel da muller na práctica de diferentes disciplinas deportivas, eliminando calquer tipo de estereotipo de xénero.

Nesta ocasión foi Aroa Paulos, taekwondista galega, quen nos fixo unha demostración deste deporte ao alumnado de 6º de Educación Primaria e animou a nenos e nenas a practicar esta disciplina deportiva.

MULLERES E DEPORTE

Dentro do noso Plan de igualdade, e en coordinación co ENDL, visitou o noso centro a taekwondista Aroa Paulos. Enfundada no seu kimono fixo unha demostración ante os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria co fin de eliminar calquer estereotipo de xénero na práctica deste deporte.

MULLERES CIENTÍFICAS

Fomentar a voccación científica entre as nosas nenas é un dos obxectivos do noso Plan de iguadade de cara a eliminar estereotipos de xénero e conseguir unha igualdade real na sociedade. Con este fin o alumnado de 6º de Educación primaria participou no obradoiro "Excelentes mulleres científicas" organizado por Ciencia en movemento. Imaxinación, experimentos e cultura científica para compartir e aprender!!

Distribuir contido


by Dr. Radut