Ola!
Estas son unhas recomendacións e un recordatorio do que levamos traballado no que vai de curso. Válidas para todos e todas. Non hai que facer de todo nin é obrigatorio facelas.
Enviamos un documento PDF, con fichas de matemáticas, lengua e lingua galega.
En ciencias naturais, estamos traballando “Os animais”, podedes facer un pequeno proxecto de investigación dun animal que vos guste: tipo de alimentación, lugar onde vive, como se desprazan, si é ovíparo, vivíparo, se é doméstico ou salvaxe.....
En ciencias sociais, estamos traballando “A auga na natureza”, tamén podedes investigar onde podemos atopar auga no planeta Terra, en que estados, de que forma... e facer un traballo ilustrativo do ciclo da auga.
Tamén enviamos outro PDF cun libro que nos explica que é coronavirus, podedes colorealo e facer as actividades.
Ademais incluímos algunhas recomendacións:
Atopámonos nunha situación nova e difícil para todos e todas, pero sobre todo para os máis pequenos. Non ir ao colexio e non facer as rutinas diarias pode nalgúns casos facer que a convivencia no fogar se vexa alterada.
Por iso, propoñemos tarefas para levar do mellor xeito posible:
Os nenos e nenas teñen dereito a saber o que está a acontecer no mundo. Para iso é importante:
- Favorecer a comunicación e escoitar de maneira activa os pensamentos e inquedanzas dos nosos nenos e nenas. Temos que intentar darlle respostas axeitadas a súa idade, de xeito que poidan entendelas. Debemos intentar non alarmalos, nós somos os que temos que proporcionarlles protección e seguridade.
- Xestionar a información que nos chega a través das diferentes canles de comunicación (televisión, radio, Internet…).
- Ante esta nova realidade que nos abrangue tamén se fai necesario organizar e xestionar tanto o espazo coma o tempo para levar a convivencia do mellor xeito posible. Para isto é importante planificar as tarefas con eles do día, como por exemplo:
- A que hora nos imos levantar?
- A que hora realizaremos as tarefas da aula?
- Realizar as tarefas da casa. É importante facelos partícipes das tarefas do fogar.
- Organizar o tempo de ocio tanto de xeito individual coma en familia a través de xogos: facer quebracabezas, xogar ao memory, aprender adiviñas ou trabalinguas, cancións, películas, ler un conto, xogar coa plastilina, entre outras.
- Tamén podemos facer un pouco de exercicio físico sen saír da casa, por exemplo unha das actividades máis divertidas e completas é BAILAR. Se preferides, podedes seguir algunha coreografía xa preparada a través de youtube (por exemplo de Just Dance).
Deixámosvos uns enlaces a páxinas e webs interactivas. É IMPORTANTE SELECCIONAR SEMPRE O NIVEL E A MATERIA EN FUNCIÓN DA IDADE E DO SEU RITMO DE APRENDIZAXE.
Para matemáticas, todos os niveis:
https://es.ixl.com/
Para iniciación á lectoescritura:
http://www.edu.xunta.gal/portal/nahono
http://ardilladigital.com/recursos_aula.htm#5
Para todos os niveis, diferentes materias, atención, percepción e memoria:
- Páxina de Jueduland: http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
- Páxina de vedoque : https://vedoque.com/index.php?sec=Primaria
- Páxina de educarex: https://conteni2.educarex.es/
Estas son algunhas páxinas das moitas que hai para traballar os contidos. Pódense imprimir materiais nalgunhas delas, outras son para facer on-line e outras poden darnos ideas para que os rapaces e rapazas fagan xogos e materiais manipulativos e educativos.
Ánimo, que poderemos con todo!!!!!!
Un saúdo afectuoso das mestras de 1º.
Para descargar os pdfs, premede no título deste artigo e apareceran na parte inferior.