Skip to Content

Orientación

CONVIVE

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria aprenden a convivir e solucionar conflitos cun obradoiro de habilidades sociais e comunicativas impartido por Jeniffer Herbón, psicóloga especialista en mediación.

 

XOGUETES NON SEXISTAS NESTE NADAL

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VÉN DE PUBLICAR A CAMPAÑA DE FOMENTO DA IGUALDADE A TRAVÉS DE XOGUETES NON SEXISTAS.

COA CAMPAÑA "GRAZAS XOGUETES" INTENTA SENSIBILIZAR DA IMPORTANCIA DOS XOGUETES E XOGOS NA EDUCACIÓN DAS NENAS E NENOS, A TRAVÉS DE PERSOAS QUE DESTACARON NAS SÚAS PROFESIÓNS E QUEREN AGRADECERLLO AOS SEUS XOGUETES.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 

 E para a reflexión un conto en formato curtametraxe sobre as persoas con discapacidade

"El cazo de Lorenzo"

ESCOLA DE FAMILIAS

Compartimos no adxunto o material elaborado por Jeniffer Herbón sobre o bo uso das novas tecnoloxías.

Son recomendacións e enlaces para poder exercer un control parental sobre os dispositivos móbiles, táblets, videoxogos...

Esperamos que vos sexan útiles!!

25-N

CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

PROXECTO EMPATIZA

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTÁ A PARTICIPAR NOS OBRADOIROS "EMPATIZA", ORGANIZADOS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO, NOS QUE OS NENOS/AS APRENDEN CON DIFERENTES DINÁMICAS A RESOLVER CONFLITOS DE MANEIRA PACÍFICA E ADQUIREN HABILIDADES SOCIAIS BÁSICAS.

 

CONTROL PARENTAL

Para facer un bo uso das novas tecnoloxías no fogar deixo enlace ás familias de ferramentas de control parental que publica o INCIBE na súa páxina Interntet Segura for Kids. É moi importante que as familias acompañen aos seus fillos e fillas no manexo de internet, dispositivos móbiles, videoxogos... para evitar riscos e facer un uso responsable dos mesmos.

IS4K

VÍDEO CONTROL PARENTAL EN EL HOGAR

GUÍA DE CONTROL PARENTAL

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut